Seguidores

9 de septiembre de 2009

Sorteos Cotos 2010 - Galicia

"O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada de 2010.

Segundo se establece nesta norma, o prazo de presentación de solicitudes iniciarase mañá mércores (día seguinte da publicación desta resolución no DOG) e rematará o vindeiro día 30 de setembro ás 14:00 horas.

Para estes sorteos, que terán lugar o día 13 de novembro en cada un dos catro servizos provinciais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, poderán presentarse solicitudes individuais ou en grupo, cun máximo de tres peticións por grupo.

Presentación de solicitudes
As solicitudes poderán presentarse por escrito, mediante impresos específicos dispoñibles nos devanditos servizos provinciais ou por medio dunha aplicación informática, a través da web

https://www.xunta.es:444/pescafluvial/

En cada servizo provincial de Conservación da Natureza realizaránse dous sorteos; un para permisos de salmón e outro para troita, incluíndose neste último, de ser o caso, os permisos de reo, pesca intensiva e pesca sen morte. Xa que logo, o número total de sorteos será de oito.

Os resultados dos sorteos poderán consultarse na referida web, previa introdución do número do DNI polo interesado.

Segundo proceso
Unha vez rematada a primeira escolla, os permisos sobrantes e aqueles non retirados nos prazos fixados serán incluídos nun segundo proceso de selección, superado o cal os non escollidos ou non recollidos serán postos á venda nos servizos provinciais de Conservación da Natureza ata 10 días naturais antes do comezo da tempada en cada couto de pesca."

No hay comentarios: